Rianxo

Rianxo voltou ó 1916 co popular Feirón

As rúas de Rianxo amenceron hoxe noutra época, alá polo 1916, cun popular Feirón propio de outros tempos. Durante esta xornada os postos dos artesáns saíron á rúa, non só se podía mercar todo tipo de produtos senón que ademais se podía ver como traballaban en directo en distintos oficios. Carpinteiros, ferreiros, zoqueiros, fiandeiras, oleiros chamaron a atencións de veciños e visitantes que se achegaron neste día a esta vila do Barbanza. Un día no que a tradicción se pasa de maiores a pequenos, como foi o caso da pequena Uxía, que aprendeu a facer unha taza de barro grazas a paciencia de Pepe Fernandez, oleiro de Noia.

Non foron poucos os artesáns de Rianxo que sacaron as súas obras a rúa, como Pañales con arte de Fani Ordóñez, Cousiñas de yeya de Inés Rodríguez, ou Puntadas e Chuchamel de Ánxela Muñiz.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.