AS NOVAS RUTAS ESTÁN VINCULADAS A UN RECURSO NATURAL DA ZONA E RESPONDEN Á ALTA DEMANDA TURÍSTICA
A Mancomunidade Barbanza Arousa continúa promovendo o territorio. Desta vez a acción é natural a través de 4 novas rutas homologadas pola Federación Galega de Montañismo e dan resposta ás necesidades turísticas dos visitantes.

