jueves, septiembre 28, 2023

Feijóo anima a seguir apostando pola calidade e a cultura empresarial exportadora para que Galicia continúe a ser referencia no mercado mundial da conserva

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, animou hoxe a seguir apostando pola calidade e a cultura empresarial exportadora para que Galicia continúe a ser referencia no mercado mundial da conserva. Non en van, lembrou que na actualidade a Comunidade galega é o primeiro produtor de conservas e semiconservas de mariscos e peixes de toda a Unión Europea e o segundo a nivel mundial. E de cada 10 latas que se producen en España, oito levan selo galego. Así o expresou durante unha visita ás instalacións da planta do Grupo Calvo,

Nesta liña, referiuse ao Grupo Calvo, con presenza en máis de 70 mercados internacionais, como un exemplo de emprendemento, compromiso co país e internacionalización, tres valores, afirmou, que debe perseguir a economía galega do século XXI.
Logo de salientar que a innovación constitúe a panca de progreso que precisa toda empresa e todo país para seguir crecendo, o titular da Xunta concluíu incidindo en que coñecer a historia de Calvo é aprender que o mellor xeito de progresar é abrirse ao mundo sen perder a esencia galega, “apostando sempre por un produto de calidade”, incidiu.

https://www.youtube.com/watch?v=SuqB_2gigC4

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.