O pai de Diana Quer non perde a esperanza de atopar á sua filla, pero si afirmou esta mañá que as expectativas de atopala con vida non son as mellores

Así se expresaba esta mañá Juan Carlos Quer á saída do Xulgado de Ribeira. Onde estivo acompañando á súa filla menor, Valeria, que compareceu durante máis de 4 horas a petición da xuiza do Xulgado de Instrucción nº 2 desta vila, en relación coa custodia da rapaza.

O pai de Diana Quer quiso agradecer as mostras de apoio que está a recibir a familia durante estes 23 días sen noticias da sua filla maior. O proxenitor da moza destacou que cada novo dato ou feito que considera relevante o traslada ós encargados da investigación da desaparición de Diana.

Juan Carlos Quer pon as súas esperanzas na investigación, na que non se escatiman esforzos.
Mais o pai de Diana Quer non agochou o seu enfado ante as publicacións que se están a realizar en diversos medios, entre elas a dunha suposta denuncia contra él por parte da filla maior, algo que afirmou descoñecer.

https://www.youtube.com/watch?v=usKagfoCY_Q

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.