O PP escolleu a Pobra do Caramiñal para entrar en contacto cos veciños, coñecer a suas necesidades, inquietudes e facerlles chegar o programa electoral de Feijoo. Ata o mercadillo da Pobra achegáronse a actual Conselleira de Infraestructuras e Vivenda e nº 9 nas listas do PP pola Coruña, Ethel Vázquez, o número 11, Carlos López Crespo, a número 20, Herminia Pouso Maneiro e o nº 24, Manuel Durán.
A Candidata do Partido Popular ó Parlamento Galego, Ethel Vázquez, pediu na Pobra do Caramiñal a confianza dos veciños para obter unha maioría estable que permita gobernar ó equipo de Alberto Núñez Feijoo.
Na Pobra do Caramiña, Ethel Vazquez destacou que o Partido Popular mira polos veciños, non así outros partidos, e puxo como exemplo a non adhesión do Concello da Pobra ó programa de vivendas baleiras da xunta de Galicia.
Pola súa banda, Carlos lópez Crespo, nº 11 nas listas do PP pola Coruña, destacou a boa acollida que recibiron neste municipio do Barbanza, e fixo fincapé nas diferenzas entre o goberno de Feijoo e os demais.
Os populares animaron á veciñanza a votar o próximo 25 de setembro, e pediron o voto para Feijoo, que presenta, segundo explicaron, un programa basado na realidade.
https://www.youtube.com/watch?v=_rQuC13jLfM