A nadadora María Vilas foi homenaxeada en Ribeira

A nadadora olímpica maría Vilas recibiu en Ribeira unha calurosa homenaxe. Ó acto realizado no salón de plenos da casa consistorial e presidido polo alcalde Manuel Ruiz Rivas, asistiron os membros da corporación municipal, os membros do club natación Ribeira, e numerosos veciños e veciñas que non quixeron perder a oportunidade de felicitar á primeira nadadora olímpica da vila.
A nadadora ribeirense, non puido conter a emoción, e apenas puido agradecer o apoio recibido durante a súa participación nos xogos olímpicos en Brasil.

A de Castiñeiras asinou o libro de honra do Concello, e recibiu as felicitacións de todos os presentes, e a de todo o pobo de Ribeira a través do seu alcalde.

O alcalde agradeceu o esforzo de María, o da súa familia e o de todos os membros do CN Riveira, Ruiz Rivas anunciou ademais que o vaso da piscina municipal levará a o nome da nadadora ribeirense, trala aprobación por unanimidade da corporación local.

https://www.youtube.com/watch?v=8q5fuAeeL2w

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.