Galeóns, botes, bucetas ou dornas de Galicia, Cataluña, Euskadi e incluso Irlanda xuntaranse en Sada dende o 3 ata o 6 de agosto. O XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia congregará a máis dun centenar de barcos que chegaran a este molle coruñés para mostrar o patrimonio naval e as tradicións mariñeiras galegas.