Dende os 18 ata os 82 anos. Non hai límite de idade para participar na proba de ultrafondo en Galicia que logrou superar as cifras na súa oitava edición. Os 100 do Barbanza reuniu a 300 persoas de España, pero tamén de Portugal, Suiza ou Uruguai, que percorreron do 24 ao 25 de xuño os concellos da comarca.