Deputación Da Coruña

Os incendios forestais que afectaron a Galicia durante este verán foron tamén obxecto de debate no Pleno da Deputación.

Os grupos provinciais de PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños rexeitaron cos seus votos unha moción do Partido Popular na que se solicitaba que a institución provincial colaborase coa Xunta para paliar os danos das propiedades e actividades económicas no ámbito provincial. Os portavoces de todos os grupos provinciais, a excepción do PP, coincidiron en cualificar a poposta de “electoralista”, lembraron que a competencia de ordenación dos espazos forestais e loita contra o lume corresponde á Xunta e criticaron a falta de coordinación dos efectivos. O alcalde de Porto do Son, un dos concellos afectados polo lume, destacou que so se pedia a colaboración no arranxo das vias da súa titularidade afectadas polo lume.

Luis Oujo afirma que se amosou sorprendido e avergonzado ante o voto negativo de Ánxela Franco, responsable da area de benestar da deputación e veciñ a de Porto do Son.
Pola súa banda a voceira do BNG, Ánxela Franco, culpou ao Partido Popular do “abandono do rural” e considerou que a Lei do Solo “da a espalda ao rural galego”. A deputada esixiu tamén unha maior coordinación a nivel autonómico. “Cómo queren cooperar coa Deputación se son incapaces de coordinar Patrimonio e Medio Rural dentro da propia Xunta?”, afirmou.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.