Sin categoría

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe no II Workshop Civil UAVs Initiative

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou que Rozas será un dos grandes corazóns empresariais de Galicia e unha oportunidade única para as pequenas e medianas empresas, situando á comunidade na vangarda deste novo sector.
Conde sinalou a importancia de apostar pola Compra Pública Innovadora na adquisición de nova tecnoloxía, pois permite ás pemes poder sumarse á iniciativa do polo aeronáutico. Neste sentido, a Xunta recibiu máis de 100 propostas a través de máis de 80 entidades, das que o 60% están na comunidade galega, entre empresas, centros tecnolóxicos e universidades.

Unha vez se avalíen todas as propostas, a previsión é publicar o 31 de outubro, na páxina web da Axencia Galega de Innovación (Gain), as fichas de avance nas que se incorporen as necesidades para Rozas. A continuación, sacaranse a concurso os primeiros contratos de Compra Pública Innovadora, que se centrarán en buscar solucións eficientes para unha mellor xestión de tres eidos estratéxicos para Galicia: recursos náuticos, para ofrecer unha resposta máis rápida e segura en accidentes marítimos; recursos naturais e de ordenación do territorio, centrándose no desenvolvemento de sensores que garanten a calidade da auga e na automatización da información xeográfica; e o control do tráfico aéreo para mellorar a planificación de voos e garantir a seguridade nas comunicacións.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria destacou que Galicia é unha comunidade pioneira no emprego da Compra Pública Innovadora.

Salir de la versión móvil