Durante máis de cinco horas os axentes permaneceron na residencia habitual de Diana López Pinel, en Madrid. Alí realizaron un minucioso visionado de videos das últimas noites de festa na Pobra do Caramiñal, tratando coa axuda da nai de identificar ás persoas que acompañaban a Diana Quer eses días. Porén os investigadores realizaron un interrogatorio á nai da moza, tratando de aclarar varias contradiccións.
Aquí na Barbanza continúa a investigación co visionado das gravacións das cámaras de seguridade da Pobra e a autovía da Barbanza, reconstruindo o percorrido realizado polo móvil da moza, e que se sitúa entre as 3 e as 4:15 da madrugada do luns 22 de agosto entre a Pobra e Taragoña. Un percorrido que supostamente a moza realizaría en coche. Agora os investigadores tratan de dar co vehículo no que puido subir e averiguar que teléfonos móbiles estaban na mesma área que o de Diana Quer, un traballo minucioso que se leva baixo segredo de sumario.
A nai da moza declarará o venres no xulgado de instrucción nº 2 de Ribeira pola custodia da filla menor, a petición propia, e tamen declarará no xulgado de instrucción nº 1 que investiga a desaparición da súa filla maior.