martes, octubre 3, 2023

BREAKING

O Deputado de En Marea Juan Fajardo afirmou en Cabo de Cruz que o sector do mar se xoga moito nestas eleccións

Juan Fajardo desprazouse ata o porto de Cabo de Cruz acompañado de membros de Boiro Novo para analizar a situación de infraestructuras pesqueiras neste porto boirense e tamén a situación que vive o mar en Galicia. Segundo o deputado de En Marea, Feijoo porá novamente enriba da mesa a lei de acuicultura, unha lei rexeitada polo sector pesqueiro e que levou a protestar a Santiago a preto de 40,000 persoas.

Fajardo afirmou que nestas eleccións autonómicas Galicia xógase o futuro do mar, destacando o compromiso do seu partido con este sector, comprometéndose a realizar unha política pesqueira que duplique os postos de traballo no mar, loitando polo producto autóctono, contra as multinacionais que queren instalarse en Galicia para explotar as Rías galegas. En Boiro lamentaron tamén que non se de cumplido a promesa da instalación dos pantaláns, segundo explicou Dores Torrado, voceira de Boiro Novo, un compromiso que o PP reitera cada vez que se achegan unhas eleccións.

https://www.youtube.com/watch?v=wOMlFFmsR-c

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.