. O PATRÓN MAIOR LOCAL PIDE UNHA MELLOR APLICACIÓN DA LEI PARA ELIMINAR ESTA PRÁCTICA
Unha das prácticas que máis dana á pesca e ao marisqueo é o furtivismo. Ano a ano os profesionais do mar sofren en primeira persoa este hábito ilegal. No caso de Aguiño, os furtivos seguen a deixar a súa pegada prexudicando o labor de mariscadores e percebeiros.

