O salón de plenos do Concello de Ribeira acolleu na tarde-noite de onte a sesión plenaria organizativa para a lexislatura 2023-2027. Nela aprobáronse todos os puntos tratados por unanimidade ou ca abstención e votos en contra da oposición. A determinación dos cargos con dedicación exclusiva foi o asunto que máis debate despertou. O tripartito propoñía 7 dedicacións exclusivas, 55.000 euros para o alcalde Luis Pérez, 42.000 para concelleira de Facenda e cinco de 35.000 euros para os concelleiros Servizos Sociais, Turismo e Festexos, Medio Rural e Servizos Municipais, Infraestruturas e Deportes, e Cultura e Mocidade. Proposición defendida polo Goberno local.