Nais e pais dos alumnos de 4º A do colexio Salustiano Rey Eiras da Pobra manifestáronse á portas do centro para pedir un profesor trala xubilación da titora

Os alumnos e alumnas de 4º a quedaron sen titora ó xubilarse o 13 de setembro a mestra que ocupaba esta praza, dende entón os rapaces están a ser atendidos no centro por outros mestres que teñan o turno libre, unha situación que os seus proxenitores non pensan tolerar.

Logo de non obter solución por parte da Consellería de Educación, emprenderon unha campaña de recollida de sinaturas en protesta por esta situación, ademais esta mañá fixeron unha sentada ás portas do centro educativo.

Dende a Anpa do centro destacan que a situación é compricada para os rapaces e rapazas, que nada máis comezalo curso xa se ven rotando de mestre. O mesmo pensan os pais e nais.

As movilizacións van continuar ata que se lle dote este centro educativo pobrense dun sustituto que cubra a xubilación da mestra de 4º A.

https://youtu.be/erasIB8jcYo

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.