Os boirenses realizaron un gran partido, con moito control, e varias ocasións de gol, tendo o dominio do esférico na primeira parte. Na primeira parte do partido Marcos Álvarez e Romay tiveron ocasión de adiantar ó Boiro no marcador, pero non foi posible, marchando ó descanso co empate a ceros.
Na segunda parte o Tudelano levantouse, e púxolle as cousas máis compricadas ó Boiro, que non se deixou amilanar, e formou en defensa, evitando que o Tudelano se impuxera. Houbo varias ocasións de gol nesta parte para ambos equipos, pero non se materializou nengunha co resultado definitivo de 0 a 0.
O Boiro está décimo terceiro na táboa clasificatoria con 4 puntos, o próximo partido xógao co Ponferradina o próximo domingo ás 5.
https://www.youtube.com/watch?v=a1Vs9PBSA-g