CELEBRACIÓN QUE SE PROLONGA EN RIBEIRA ATA O DÍA 24
A marea dorneira volveu a tomar as rúas de Ribeira cunha edición moi especial da Festa da Dorna. Estase a vivir a súa 75 sinjladura, que comezou onte con diferentes actividades. Unha das máis agardadas e para a que as peñas tiveron que tirar de enxeño foi o enjalanamento de fanequeiras. Os bares de ribeira convertéronse en Cabárceno, en fábricas, no país das marabillas ou máquinas de gancho coas que gañar peluches. Finalmente os vencedores desta primeira proba puntuable da Dorna foron os Backstreet bois, co seu Dornárceno.