Deportes

AS EMBARCACIÓNS DE CABO DA CRUZ NON REXISTRARON BOS RESULTADOS ESTA FIN DE SEMANA

A TRAÍÑA MASCULINA FIRMOU UN SEXTO E UN DUODÉCIMO POSTO, MENTRES QUE AS REMEIRAS FORON SÉTIMAS E SEXTAS

As traiñeiras volveron a protagonizar o calendario deportivo desta fin de semana. Cabo da Cruz desprazouse a Bilbao e a Orio para disputar dúas regatas de alto nivel. A embarcación feminina participou na V Bandeira de Bilbao, onde as remeiras adestradas por Javier Lago firmaron un novo sétimo posto nunha nova xornada da Liga Euskotren.

Foi una proba especial xa que foi a contrarreloxo onde as vermellas firmaron o sétimo mellor tempo por diante de Tirán e a menos de catro segundos da embarcación de Hibaika. Regata que se levou Donostia. O domingo a competición trasladouse a Orio, onde Cabo da Cruz mellorou a súa posición ao rematar sexta. A proba comezou cunha boa noticia para as crucenses, xa que unha das favoritas, Donostiarra, foi descalificada por un problema cos lastres da patroa. Polo que Cabo rematou no sexto lugar nunha regata dominada polas locais Orio. Na clasificación xeral da Euskotren e tras seis regatas, Cabo da Cruz é sétima ao sumar 12 puntos.

E a embarcación masculina viviu unha fin de semana de cara e cruz. Nesta única carreira a contrareloxo celebrada en Bilbao, Cabo mantivo o tipo e amosou unha gran fortaleza para firmar un gran sexto posto nunha proba que se levou Hondarribia. Pero a cruz chegou en Orio. Os remeiros crucenses atopáronse incómodos dende o inicio da regata, onde as condicións do mar non eran as mellores. Os vermellos comezaron mal a súa quenda polo que non tiveron opcións de remontada e rematou no último lugar, firmando o peor tempo da xornada. Xa que Samertolameu rematou antes o percorrido cunha diferencia de 17 segundos. A bandeira de orio foi para Urdaibai tras facerse cun triunfo innegable. Cabo da Cruz pasa á sétima posición da Eusko Label Liga ao contar con 29 puntos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.