As primeiras semanas á fronte do Goberno de Rianxo están a ser intensas. Os orzamentos serán prioritarios para o executivo encabezado por Julián Bustelo que afirma que esta foi unha das primeiras cuestións que se tratou co departamento de intervención para coñecer a situación das arcas do concello.




