Preto de 200.800 escolares de educación infantil, primaria e especial comezarán o curso 2016/2017 este luns 12 de setembro

Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 62.213 alumnos comezarán o luns 12 de setembro nas aulas de educación infantil, o que supón un 2,3% menos ca no curso 2015/2016, un descenso que nos centros públicos é do 2,4%, derivado da progresiva caída da natalidade.
Ademais sinalar que nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu lixeiramente respecto do curso anterior.
Por outra banda as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 137.229 alumnos tamén comezaran o luns as clases de educación primaria en Galicia, o que supón un 0,8% máis ca no curso 2015/2016.
No caso da educación primaria o número de alumnos sen nacionalidade española, a diferenza respecto do ano pasado é do 14,3%:
No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1.341, un 1,5% menos ca no 2015/2016

No referido ao profesorado os datos estimados, a falta de que se realicen as pertinentes contratacións de interinos e substitutos para cubrir as necesidades puntuais que se presenten a inicio de curso, indican que o conxunto do sistema educativo galego público contará con 30.269 docentes.
O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería, tras as modificacións oportunas que se realizan anualmente para o seu axuste ás necesidades actuais.

Así, este ano, a falta de que se pechen as autorizacións de prazas, o número estimado de prazas de comedor escolar será de 72.631, das cales 12.112 serían xestionadas por ANPAS ou Concellos, existindo tamén axudas – ou convenios de colaboración- da Consellería neste concepto para ambas as entidades. En total o departamento educativo da Xunta xestiona 434 comedores – 302 de forma directa e 132 de forma indirecta, a través de empresas que serven menús con todos os estándares de calidade garantidos- .

https://www.youtube.com/watch?v=Ja19zY1lodI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.