O xornalista Paco Lobatón está de visita na Barbanza convidado polo Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia

O Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia realizou onte unha cea enolóxica no Restaurante Cascada do Camping Rural Ría de Arousa 2, na que se promocionaron viños galegos de denominación de orixe, como o Vía Romana , conservas galegas, como a gama Gurmet de Frinsa; produtos da horta ecolóxica da asociación Amicos, e productos da marca PescadeRías. Entre os 90 invitados figuraban xornalistas especializados en gastronomía, viños e turismo e como convidado especial o xornalista Paco Lobatón. Ä cea contou ademais coa asistencia da Conselleira do Mar Rosa Quintana e dos alcaldes de Noia, Ribeira, Boiro, A Pobra e Rianxo. O popular xornalista comezara a sua visita deixando a súa pegada no Parque da Comunicación situado en Praia Xardín, Boiro, onde ó igual que o fixeran outros antes, plantou unha árbore.

No Centro Social de Boiro impartiu unha charla titulada “Desapariciones: el derecho a saber”, á que asistiron numerosas persoas, un acto que conincide coa situación que ten conmocionada a Comarca, a desaparición de Diana Quer, así o relatou novamente durante a cea.

Hoxe Lobatón acompañado do presidente do club Exxpopress, Suso Souto, visitou a Illa de Salvora e outros enclaves fermosos do panorama riveirense.

https://www.youtube.com/watch?v=j2Ql8CaYcEk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.