Na presentación da obra celebrada no conservatorio de Ribeira interviron ademais do propio autor, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas; o presidente do Ateneo Valle-Inclán, Santos Oujo Bello; o filólogo e coordinador de Barbantia, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría . O acto contou ademais coa asistencia dun numeroso público.
O primeiro en intervir na presentación foi o presidente do ateneo valle-inclán, quen destacou a alegria de presentar a obra escrita por un amigo, Santos Oujo definiu a Ventoso Mariño como un home intelixente, con capacidade análitica e moita vontade. Apuntou ademais que esta é a primeira novela escrita polo ribeirense que arranca cun tema de aventuras e viaxes. Un libro divertido , apuntou.
A novela “Un vento furioso que pasa de repente”, discurre no Barbanza, en España e fora de España, segundo relatou Santo Oujo, narra as peripecias de Antonio, un narcotraficante, que aproveitou o seu paso pola cadea para formarse culturalmente, tamen fai un repaso pola Filosofía.
A continuación tomou a palabra o coordinador de Barbantia, Pastor Rodriguez, que destacou o bo narrador que e Xose Antonio Ventoso.
O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, tivo palabras de loubanza para un dos seus antecesores no cargo ó frente do concello de Ribeira, destacou que Ventoso Mariño é unha persoa que mira hacia adiante, un gran conversador, e moi bo dando consellos.
Pechou o acto o autor da obra, Ventoso Mariño relatou que esta novela naceu mentres escribia un ensaio sobre os corsarios en Galicia. E tal e como afirmaba o alcalde de Ribeira, Ventos deu un bo consello, na vida hai que procurar divertirse, xa que pasa fugaz.
“Un vento furioso que pasa de repente”, una obra para ler, entreterse e mesmo aprender.
https://www.youtube.com/watch?v=fT3IaV4uLxM