O remo volverá a protagonizar o calendario deportivo esta fin de semana. Os equipos da comarca teñen diferentes citas tanto na competición nacional como na galega. Cabo da Cruz volverá a competir no país vasco con dúas regatas totalmente diferentes para a Eusko Label Liga e a Euskotren. Bilbao vivirá a única que se disputa na modalidade de contrarreloxo, mentres que o domingo en Orio celebrarse en mar aberto.