O espectáculo de motonáutica viviuse unha vez máis esta fin de semana nas augas do Miño, xa que Tui albergou o Campionato de España e Trofeo Ibérico de T-850, organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, coa colaboración da Real Española, o Concello de Tui e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, entre outras entidades. Nesta proba nacional, o piloto de Guadalaxara Cristian Ortega foi o vencedor imbatible, mesmo éxito que o acadado no 2021 cando levou para as súas vitrinas o mesmo trofeo.