A celebración das festas do verán pode que non se volvan a vivir coma nos últimos anos no concello de Ribeira. Portos trasladou ao executivo local uns cambios nas normativas e no mapa portuario de varias parroquias como Palmeira, Corrubedo ou Ribeira, polo que quizás non se podan colocar as atraccións onde se facía habitualmente ao afectar á actividade dos profesionais do mar. Esta situación, en principio, non se dará en Aguiño que ultima a celebración das festas do Carme que comezan este venres.




