O lume volve azoutar a comarca do Barbanza, esta noite arrasou 32 hectáreas de monte en Boiro, na parroquia de Bealo.

Ás 06:10 horas desta mañá quedaba controlado un lume que comezou onte ás 21:26 horas no concello de Boiro, parroquia de Bealo. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é de 32 hectáreas, das cales 15 son arboradas e 20 rasas. No lugar traballaron 1 técnico, 7 axentes, 17 brigadas e 13 motobombas, unha pa, así como Protección Civil de Porto do Son, Ribeira e Boiro e a policía autonómica. Foi un incendio compricado avivado polo vento que soplou durante a noite, mesmo houbo que cortar a estrada que vai polo Confurco dende Boiro hacia Noia por causa das lapas.
Este lume iniciado en plena noite e con varios focos distintos asemella ser intencionado,

O lume tamén fixo presencia en Lousame, un dos municipios máis castigados polas lapas, o incendio comezaba as 21:30 da noite e fixeron falta 5 horas para a sua extinción.

https://www.youtube.com/watch?v=4-9m9-cnHDw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.