Chega a semana máis agardada polos rianxeiros, a das festas da Guadalupe, declaradas de Interés Turístico de Galicia, unha semana con actos e actividades que comeza o 9 de setembro e se extende ata o 16 na honra da virxe moreniña. O Chupitaso realizarase as 12 da noite do venres dende o balcón da casa consistorial.
O alcalde de Rianxo presentou os festexos acompañado de membros da comisión de festas, Adolfo muiños destacou a importancia das festas da Guadalupe e o bo traballo realizado pola comisión.
Ante a asistencia de xente de toda a comarca e fora dela, o alcalde axplicou que a policía local manterá dun dispositivo especial, dispondo ademais de numerosas prazas de aparcamento.
Dende a comisión de festas, Ramón Iglesias, alias Xixí, agradece a colaboración de todo o pobo de Rianxo con estas festas.