Unha vintena de actividades conmemorarán en riveira as festas patronais de santa uxía

Unha vintena de actividades tanto litúrxicas como culturais e deportivas servirán para conmemorar no 2016 as Festas Patronais de Santa Uxía.

O cura párroco Cesáreo Canabal e a voceiro do goberno municipal de Riveira Herminia Pouso foron os encargados de explicar unha programación que arrancará mañá venres coa apertura da exposición Natura Morte de Antonio Pérez (no Lustres Rivas ás 21 horas) e terá na misa solemne e posterior procesión do luns 12 de setembro o seu momento máis importante.

https://www.youtube.com/watch?v=kAuMq97ZzQA

PROGRAMA:

Venres 9 de setembro (véspera)

21:00 h Apertura da exposición colectiva “Nature Morte” de Antonio Pérez, no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira, entrada gratuíta.

22:00 h Cine ao aire libre, NOITES DE CINE, con “FREE BIRDS” na Praza de Pablo Neruda (anexa ao concello), coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Nota: En caso de choiva terá lugar no Auditorio Municipal.

Sábado 10 de setembro

10:00 h 21 bombas de palenque anunciarán o comezo da festa.

10:00 h Dianas e Alboradas a cargo do Grupo de Gaitas O Rueiro dos Fillos de Palmeira.

17:00 h Parque de Inchables, para nenos/as de ata 12 anos, na Praza do Concello (ata as 20:00 h)

19:00 h Festival de Baile, no Palco de Pedra do Malecón, a cargo da Asociación Cultural Alfaia.

21:00 h Espectáculo de Maxia “SHERLOCK HOLMES” con CAYETANO YEDÓ, no Auditorio Municipal, entrada gratuíta ata encher aforo. Coa colaboración de Cultura no Camiño da AGADIC da Xunta de Galicia.

22:30 h VERBENA GALEGA, no Malecón co concerto de UXÍA E NARF, coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Domingo 11 de setembro

09:00 h Campionato de Pesca dende rocha a fondo. Organiza Concellería de Deportes e Nordés Club de Pesca Deportiva. Praias de Riveira (ata as 13:00 h).

10:00 h 21 bombas de palenque anunciarán o comezo da festa.

10:00 h Dianas e Alboradas a cargo do Grupo de Gaitas O Rueiro dos Fillos de Palmeira.

16:00 h Finais do Trofeo Santa Uxía de Tenis, no Pavillón de Sirves, organiza a Concellería de Deportes.

12:30 h MISA SOLEMNE, cantada pola CORAL TRINTXERPETARRA de Guipúzkoa, dirixida por Manuel Beltrán Inchusta.

17:00 h Parque de Inchables, para nenos/as de ata 12 anos, na Praza do Concello (ata as 20:00 h)

19:30 h Concerto da Rondalla SONIDOS DEL ALBA de Ferrol, no Auditorio Municipal, entrada libre ata encher aforo. Coorganiza a Asociación C. Aires de Dorna co patrocinio da Rede Cultural da Deputación.

22:30 h VERBENA coa ORQUESTRA D´LIDER no Malecón (Palco de Pedra).

Luns 12 de setembro

DÍA DE SANTA UXÍA

10:00 h 21 bombas de palenque anunciarán o comezo da festa.

10:00 h Dianas e Alboradas a cargo do Grupo de Gaitas O Rueiro dos Fillos de Palmeira.

11:00 h Ruada a cargo da Banda de Música de Negreira.

11:00 h Xornada de Pintura ao Aire Libre para nenos/as. Na Praza de España (a partir de 3 anos, inscrición libre no lugar da actividade). Coorganiza a Asociación Cultural Alfaia.

12:00 h MISA SOLEMNE NA HONRA DE SANTA UXÍA, cantada pola Coral P. do Círculo Mercantil e Industrial de Riveira, dirixida por Antonio Fernández Ageitos. A continuación Procesión acompañada da Banda de Música de Negreira e o Grupo de Gaitas O Rueiro dos Fillos de Palmeira.

13:15 h Pequeno concerto da Banda de Música de Negreira, no Adro da Igrexa.

19:00 h II FESTIVAL RIveira: Espectáculo de monicreques “Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón” a cargo de Viravolta, na Praza do Concello (público infantil e familiar).
Nota: En caso de choiva terá lugar no Auditorio Municipal.

20:00 h Misa cantada pola Coral COSTUMES de Bergondo, na Igrexa Parroquial; a continuación concerto de corais a cargo de “Costumes” e “Coral do Círculo Mercantil de Riveira”.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.