jueves, septiembre 28, 2023

As consultas externas do hospital de barbanza en plena reorganización e acondicionamento

Os doentes que acuden ás consultas externas do hospital de Barbanza estes días atoparanse coas obras de reordenación e mellora que se están a acometer no verán na planta +2 do hospital, onde se ubican as consulta de psiquiatría e psicoloxía. Así, un espazo de máis de 600m2 que antes se empregaba para usos administrativos poderá ter un uso asistencial no mes de outubro.
Deste xeito a situación das consultas externas é máis operativa ao ter un ordenamento asistencial más actualizado que se distribúe tan só en dous grandes espazos, no andar 0 e no andar +2, ademais de acadar máis espazos para consultas (6 máis) e polo tanto máis actividade. Na planta baixa, ao carón da entrada principal, xa se levaron a cabo pequenas obras de adaptación e se instalou o sistema electrónico RECEX que permite unha maior axilidade na xestión das consultas aos doentes, mantén o seu anonimato e facilita o acceso ao historial e a petición de probas diagnósticas.
Así, a partires do mes de outubro o andar +2 acollerá as consultas das especialidades de Xinecoloxía, Medicina Interna, Neuroloxía, Dixestivo, Reumatoloxía, Pneumoloxía, Uroloxía, Anestesioloxía, Endocrinoloxía (facultativo e máis a sala específica de enfermería de endocrinoloxía) Probas oftalmolóxicas (campimetría); Cardioloxía e a sala de exploracións de cardioloxía, é dicir máis de 20 espazos para consultas e realización de probas, así como unha nova sala de espera.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, realizou hoxe unha visita técnica ao Hospital para coñecer de primeira man o estado das obras de reordenación que se están a levar a cabo.

https://www.youtube.com/watch?v=VZ0vTJiBRJw

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.