Un ano máis, e xa van tres, vivirase a emoción da Tripla Coroa Illas Atlánticas. Trátase dunha das competicións de natación máis duras e longas de Europa e que reunirá en Galicia a 140 deportistas chegados de catorce comunidades de España e de países como Portugal, México, Andorra e Cuba. Agora celébrase a segunda proba da terceira edición desta competición logo de que no 2022 se desenvolvera a primeira actividade coa travesía entre as illas Cíes e Baiona.