EN RIBEIRA, O QUILO DO CEFALÓPODO CHEGOU A MARCAR UN MÁXIMO DE 12,5 EUROS MENTRES QUE DO CRUSTÁCEO CHEGOU AOS 27
O mes de xullo trouxo consigo a apertura de dúas campañas extractivas moi agardadas polo sector pesqueiro galego: a do polbo e a da nécora. O luns as embarcacións comezaron a capturar estas especies que xa volven a estar presentes nos mercados e que en Ribeira alcanzaron bos prezos en lonxa.