A ocupacion hoteleira medrou este verán en galicia

A ocupación hoteleira medrou este verán en Galicia e tamén na Comarca do Barbanza, os hoteis aproximáronse ó 100% de ocupación, un feito que non se producía dende había varios anos.

No pasado mes de xullo Galicia rexistrou un incremento da cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros da comunidade, do 5,2% en relación ao pasado ano, rexistrando pouco máis de 590.000. Soben tamén as pernoctacións nunha porcentaxe máis elevada, do 12,2% neste caso, rexistrando algo máis de 1,22 millóns neste sétimo mes do ano.

O turismo interno –aquel representado polos residentes en Galicia- presenta un incremento do 15,4% no volume de pernoctacións hoteleiras como consecuencia basicamente do crecemento da cifra de viaxeiros aloxados –do 9,7% neste caso- acompañado dunha mellora da estadía media.
En xeral foi un bo verán para os hoteis, que acadaron case o 100% de ocupación.

Galicia sitúase nunha posición intermedia cunha suba do 12,2% -semellante á rexistrada en Estremadura e superior á observada nos destinos de maior peso a nivel estatal-.

https://www.youtube.com/watch?v=cN9jb_cIH3I

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.