A Volta ciclista a Galicia 2016 desenrólase entre o 14 e o 18 de setembro, as dúas primeiras etapas serán na vila de Noia

Noia acolle as dúas primeiras etapas da volta a Galicia, unha contrarreloxo por equipos e a final da primeira etapa en líña. Esta maña a volta foi presentada no Coliseo Noela, 18 equipos participan nesta edición. A presentacion contou coa participacion de grandes corredores e excorredores profesionais galegos. Delio Fernández, Delko-Marseille; Daniel López Parada, do Burgos-BH; Óscar González, do Sporting-Tavira; Alejandro Marque, do LA Aluminios Antarte; Gustavo César Veloso, do W52 Porto; e os xa retirados Ezequiel Mosquera e Manuel Carrera, este último tamén en calidade de tenente alcalde do Porriño

Nesta gala aproveitouse para rendir homenaxe a Álvaro Pino, no 30 aniversario da súa vitoria na Volta a España. O excorredor e director deportivo subiu ao escenario do Teatro Noela para recibir o recoñecemento do ciclismo galego. A este acto tamén acudiron Laura Mosquera, representado á Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Santiago Freire, alcalde de Noia; Ramón Santos, concelleiro de Deportes de Noia; José Pérez, concelleiro de Turismo de Noia; e Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense.

https://www.youtube.com/watch?v=duvYCYnnHPU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.