jueves, septiembre 21, 2023

O xornalista Paco Lobatón visita o Barbanza convidado polo club Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia

O xornalista Paco Lobatón plantará unha árbore no Parque da Comunicación situado en Praia Xardín en Boiro o xoves 8 de setembro.

Despois, ás 20.00 horas, impartirá a charla titulada “Desapariciones: el derecho a saber”, no Centro Social de Boiro.

E ás 21.30 horas asistirá como convidado especial á III Cea Enolóxica do Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia, no restaurante A Cascada do Camping Ría de Arosa-2, situado en Oleiros. Trátase dunha actividade na que se van promocionar viños galegos de denominación de orixe, conservas galegas e productos da marca PescadeRías, entre outros.
O acto contará coa presenza da conselleira do Mar, Rosa Quintana e a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez.

https://www.youtube.com/watch?v=vaksdpiII3E

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.