Os empregados do servizo de limpeza viaria e recollida de lixo de Ribeira convocan unha folga indefinida que dará comezo o vindeiro 20 de xullo, coincidindo coa Festa da Dorna. Unha medida de presión que usan os traballadores tras varios intentos errados na mesa de negociación para que a empresa concesionaria do servizo acceda a mellorar as condicións laborais das preto de 40 persoas que forman parte da plantilla e que contan cuns salarios conxelados nos que non se contempla o incremento do IPC.