É O ÚNICO AREAL DA COMARCA QUE LOCE ESTE DISTINTIVO GRAZAS AOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN, COMO O DE SOCORRISMO QUE XA COMEZOU CO INICIO DE XULLO
Dende esta mañá hai dúas novas bandeiras ondeando na praia de Coroso. Unha delas é a bandeira azul, distintivo co que conta un ano máis este areal e que foi izado polo alcalde en funcións de Ribeira, Manuel Ruiz.




