As embarcacións volverán a tomar a ría de Arousa nunha nova cita velística. Nesta ocasión trátase da regata Congalsa Volta a Sálvora, unha proba que xa é un clásico organizado polo Náutico de Ribeira e que vivirá este ano a súa XII edición. Terá lugar este sábado 8 de xullo e a saída das embarcacións estímase para as 14.00 horas.