O berberecho podría comezar a súa recuperación na Ria de Arousa, así o anunciou esta mañá a Conselleira do Mar Rosa Quintana tras unha visita realizada á Confraria de Rianxo. A titula de mar quixo manter a prudencia e apuntou que se comeza a atopar nalgunhas zonas da ría berberechos de tamaño comercial, dende a Xunta continúan coas investigacións sobre a martelia, o patóxeno que danou tanto esta especie e buscando un exemplar mais resistente.
Esta foi unha das novidades máis destacadas desta visita, que se incardina na toma de contacto que a conselleira ven mantendo nas últimas semanas coas confrarías. Segundo explicou a titular de mar, unha das demandas mais importantes que leva do pósito rianxeiro é a solicitude de axuda na loita contra o furtivismo, unha lacra que acaba cos recursos.
Por outra banda en Rianxo tamén se solicita un dragado dos Lombos do ulla, sobre o cal se está a buscar un acordo entre o sector e a administración para realizalo.
Trala visita a Rianxo a conselleira desprazouse ata Boiro, onde acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, mantivo unha xuntanza cos representantes da Cooperativa Ría de Arosa Abanqueiro. Unha empresa composta por mais de 400 socios, que grazas a instalación de depuradoras venden ameixa, berberecho e ostra directamente a praceiras e restaurantes.
Trala depuración, envasado e etiquetado o produto revalorízase, a cooperativa conta con un laboratorio para semente, unha depuradora e unha cetárea.
https://youtu.be/LNzWTO3lZ9U