Calor abafante durante esta xornada

33 grados ó sol e 30 á sombra, eran os que marcaban os termómetros das farmacias de Ribera preto da unha e media desta tarde, non é para menos, neste dia Galicia estivo en alerta laranxa por altas temperaturas. Os veciños e turistas buscaban esta maña a sombra das árbores nos parques da comarca, auga, abanicos e moita paciencia, son as claves para manter o tipo ante un calor sofocante.

As praias están estes dias ateigadas de xente, que busca na auga do mar a maneira de combatir as altas temperaturas. Máis en terra de galegos non hai mal que por ben non veña, e as dores de osos lévanse mellor con este tempo cálido.

Ante este episodio de temperaturas máximas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior propón unha serie de consellos e recomendacións, que os veciños da coamrca xa teñen ben aprendidos.

Aproveiten estes días, a partir do mércores as temperaturas irán descendendo e a partir do sábado dia 10 Galicia comeza a perder a influencia anticiclónica, con entrada de aire frío nas capas altas da atmosfera e co achegamento das baixas presións polo Atlántico. Así, cara ao sábado agárdase un aumento de nubes e mesmo con algunha precipitación na franxa costeira por mor do achegamento dun sistema frontal. O resto da vindeira semana o tempo quedará dominado pola presenza de borrascas que se moverán polo norte incrementando a probabilidade de precipitacións. As temperaturas irán quedando en valores máis normais máis para a época do ano.

https://www.youtube.com/watch?v=IKCHCWX_4LM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.