O servizo de gardacostas requisa case media tonelada de peixe e marisco e 728 aparellos de pesca en diversos operativos contra o furtivismo

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron preto de media tonelada de peixe e marisco e 728 aparellos de pesca en diferentes operativos realizados nos últimos días. Os inspectores da Xunta tamén se fixeron con 5.575 metros de artes de enmalle.
A Ría de Arousa foi escenario de diversas actuacións de gardacostas nas que os axentes comisaron 243 quilos de diversas especies, 361 aparellos de pesca e 800 metros de artes de enmalle. O operativo máis destacado tivo lugar nas zonas de Punta Corbeiro, Punta Colmado e Punta Faxilda, onde os axentes se fixeron con 221 quilos de especies, a maioría polbo, e con 306 nasas e 700 metros de artes de enmalle.

A Conselleira do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra dos cauces legais de comercialización.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.