Axentes da Uco, da Garda Civil e da Policía Xudicial investigan se a moza desaparecida na Pobra, Diana María Quer puido subir a un vehículo a noite da desaparición, tras investigar o
GPS do teléfono móbil da moza.
Garda Civil e Protección civil continúan buscando pola Barbanza. 16 días pasaron dende que Diana María Quer de 18 anos de idade desaparecía na Pobra do Caramiñal. A moza pasaba o verán nesta vila do Barbanza, xunto á súa famila, a súa pista pérdese cando voltaba para a casa despois de desfrutar das festas do Carme dos Pincheiros. Dende entón a familia da moza pide a colaboración cidadá, calquer pista pode axudar á Garda Civil a dar co paradoiro de Diana María Quer. A familia da rapaza voltou a Madrid, dende alí o avogado da nai confirmaba hoxe que Diana López-Pinel pedirá declarar no xulgado de Ribeira, para recuperar a custodia da filla menor, que lle foi retirada a pasada semana por orde da xuiza do xulgado nº 2 de Ribeira.
https://www.youtube.com/watch?v=WGSCcdD7GbM