A Xunta e a Valedora do Pobo ampliarán a súa colaboración fronte aos desafiuzamentos co obxectivo de reforzar a atención ás familias que afrontan un risco de desaloxo da súa vivenda habitual por non pode pagar o alugueiro.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, e a Valedora do Pobo, Milagros Otero, asinaron hoxe un novo convenio priorizar a atención por parte do Goberno galego ás persoas que acudan a esta institución por problemas relacionados co dereito á vivenda.

En virtude deste acordo, a Xunta recibirá información directa e prioritaria sobre aqueles procedementos de desafiuzamentos por execución hipotecaria e que teñen que ver coa falta de pago das rendas do aluguer dos que teña constancia a Valedora do Pobo. O convenio dá continuidade ao marco de colaboración que veñen mantendo ambas institucións desde maio do ano pasado, co que a Valedora facilitaba información sobre os diferentes casos que lle chegan de afectados por execucións hipotecarias

O acordo que se renovou hoxe garante para os afectados a mellor atención e información sobre os seus dereitos e sobre as medidas postas en marcha pola Xunta ás que poden acollerse como o conxunto de 12 programas e actuacións do Goberno galego destinados a atallar os desafiuzamentos e a apoiar ás persoas en risco de exclusión residencial.

https://www.youtube.com/watch?v=VMcq7e7MzaI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.