O 28 de xuño está marcado no calendario de moitas persoas. Hoxe celébrase o día internacional do Orgullo LGBTI e os concellos da comarca desenvolveron diferentes actos para conmemoralo. En Ribeira, o músico Xandre Millet deu o pregón que abriu esta xornada, palabras coas que compartiu as súas vivencias en primeira persoa. Dende a súa infancia ata adolescencia, cando se abriu aos seus pais e atopou o seu rexeitamento por gustarlle os homes.