A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun episodio de temperaturas máximas de nivel laranxa que se iniciará maña nas horas centrais do día e que afectará ás catro provincias galegas.

Segundo as estimacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), poderán alcanzarse no interior e suroeste da provincia da Coruña os 38 ºC; na provincia de Ourense poderán acadarse os 39ºC no Noroeste, os 40ºC no Sur e 41ºC na zona do Miño; na provincia de Pontevedra, espéranse 38ºC nas Rías Baixas e 39ºC no Interior e zona do Miño; e no sur da provincia de Lugo espéranse 40 ºC.

Ante este episodio de temperaturas máximas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior propón unha serie de consellos e recomendacións, especialmente ás persoas maiores, discapacitadas, nenos menores de 5 anos, persoas con enfermidades crónicas, que tomen algunha medicación habitualmente ou que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao aire libre:
– Limite a súa exposición ao sol, permaneza en lugares protexidos do sol o maior tempo posible e mantelos ben ventilados.
– Teña en conta que o entrar e saír destes lugares, prodúcense cambios bruscos de temperatura que poden afectarlle.
– Tome comidas lixeiras e regulares, bebidas e alimentos ricos en auga e sales minerais, como as froitas e hortalizas, que lle axuden a repoñer as sales perdidas polo suor.
– Vístase con roupa adecuada de cores claros, cubrindo a maior parte del corpo, especialmente, a cabeza.
– Evite exercicios físicos prolongados nas horas centrais do día.
– Interésese por persoas maiores e enfermas próximas, que vivan solas ou illadas.
– Nunca deixe a nenos nin persoas maiores no interior dun vehículo cerrado.
Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 www.112galicia.org, que conta con información meteorolóxica máis detallada e con enlaces de interese.

https://www.youtube.com/watch?v=YAJYl9UvxmI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.