15 días sen noticias de Diana María Quer

Dúas semanas pasaron sen noticias da moza desaparecida o 22 de agosto na Pobra, Diana María Quer. A súa pista perdíase na zona do Areal cando voltaba para a casa logo de pasar unhas horas na festa coas amigas. Dende entón xurdiron numerosos comentarios, moitas contradicións e diversas pistas. A Garda Civil mantén varias liñas de investigación abertas, no máis alto segredo.
O certo a día de hoxe é que continua a búsqueda por terra, nela participan agora voluntarios de Protección Civil e a Garda Civil. Hai varias liñas de investigación abertas, e non se descarta nengunha hipótese. Os pais da moza voltaron a Madrid, onde residen. A búsqueda exténdese a outros paises coa colaboración de SOS desaparecidos, que repartiu a fotografía da moza en diversos países, como Italia, Portugal ou Suíza.

https://www.youtube.com/watch?v=YP0atPMsMkE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.