As actuacións e os traballos de mellora non se deteñen en Boiro. O Concello segue impulsando diversas obras, entre elas estase a desenvolver unha importante actuación no pavillón municipal da Cachada, concretamente na súa cuberta. O obxectivo principal: eliminar as filtracións rexistradas ata o de agora.