Deportes

O CLUB REMO BOIRO PRESENTOU ÁS SÚAS EMBARCACIÓNS PARA A TEMPORADA

A campaña de traíñas xa comezou en Galicia e esta fin de semana dará comezo a competición nacional. O Club de Remo de Cabo da Cruz vén de presentar aos seus equipos que defenderán as cores do equipo nesta temporada, unha presentación que contou coa presenza do tenente de alcalde en funcións de Boiro, Luis Ruiz, o presidente do club, Luis Piñeiro, e a directora de Relacións Institucionais de Jealsa, Margarita Hermo.

O club crucense contará con tres equipos que competirán na Liga Galega, na Euskotren e na Euskolabel. Este ano na liga galega competirá o filial masculino, mentres que a embarcación absoluta feminina estréase a nivel nacional logo de acadar o ascenso na temporada pasada. E o equipo masculino absoluto loitará por facer un bo ano na liga Euskolabel unha campaña máis.

O presidente do club afirmou que os remeiros traballaron durante todo o inverno e que van a dar o máximo posible grazas ao apoio social de entidades, empresas e afección. Pola súa banda, a directora de relacións institucionais de Jealsa, Margarita Hermo, destacou o traballo realizado polos crucenses, o que impulsou ao club a ser un referente no remo nacional, e reafirmou a aposta de jealsa cos seus equipos. O tenente de alcalde agradeceu a implicación dos patrocinadores e da xente que traballa para que os remeiros poidan competir nas mellores condicións nesta campaña.

A embarcación que compite na Liga Galega de Traíñas comezou a temporada hai dúas semanas e polo de agora vai na sexta posición. As remeiras iniciarán a súa aventura na Liga Euskotren na VI Bandeira Cidade da Coruña que se disputa esta fin de semana. Mesmo lugar onde o equipo masculino emprenderán unha nova campaña na Euskolabel Liga.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.