Deportes

ALEJANDRO PAZ REMATOU O CAMPIONATO DE ESPAÑA FIRMANDO O 6º LUGAR EN FONDO E O 11º NA CONTRARRELOXO

A selección galega convocou ao ribeirense Alejando Paz para competir no Campionato de España de Ciclismo sub23. Esta proba nacional desenvolveuse durante a fin de semana en Madrid, onde o ciclista da comarca obtivo resultados moi positivos nas dúas probas nas que participou: fondo e contrarreloxo.

A competición arrancou o venres na comunidade de madrid coas probas de contrareloxo individual, onde os representantes da sub23 de Galicia obtiveron bos resultados. Raúl Casalderrey finalizou a carreira no sétimo lugar, mentres que Paz fíxoo no undécimo posto tras completar os 32 kilómetros do percorrido. Foi unha xornada marcada pola calor na que o ribeirense se estreou coa selección galega neste tipo de campionatos. O seu rendemento na parte final da ‘crono’ permitiulle subir postos para acabar undécimo cun rexistro de 41 minutos 22 segundos, a pouco máis de medio minuto de meterse no top-10.

O segundo día da proba en fondo, Paz amosou a súa mellor versión para igualar a mellor marca galega: o sexto lugar. Foi o mellor clasificado da Selección de Galicia nunha xornada novamente marcada pola calor. O percorrido era de 166 kilómetros e contaba con case 3.000 metros de desnivel. O ribeirense formou parte do pelotón da cabeza durante a meirande parte da proba, entrando no sexto lugar a tan só 20 segundos do primeiro clasificado, Unai Aznar, e a tan só tres segundo do quinto, Pablo García.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.