O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago, na Cidade da Cultura, nun encontro no que se avaliaron as seis Lanzadeiras de Emprego postas en marcha en Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde destacou que este programa mellora a empregabilidade da mocidade e a súa cualificación a través dunha formación que busca a especialización dos participantes -máis de 150 se se suman tamén os da lanzadeira co Concello de Ourense- que se encontraban en situación de desemprego ao inicio das lanzadeiras no mes de xuño. Neste sentido, o conselleiro animou aos mozos e mozas a seguir nesta dirección para impulsar a súa marca persoal e a súa especialización, diferenciándose nun mercado laboral cada vez máis global.
O conselleiro defendeu que a aposta pola formación permite á mocidade aumentar as súas oportunidades para atopar un emprego de calidade, ao tempo que contribúe a mellorar a competitividade do tecido empresarial e industrial galego ao contar con persoal máis cualificado. Ademais, estas lanzadeiras en concreto ofrecen novas oportunidades para os mozos e mozas dos cinco concellos participantes. Esta circunstancia axuda a reforzar os últimos datos sobre desemprego, nos que se pon de manifesto un descenso do paro de preto do 15% entre os menores de 30 anos no mes de agosto en Galicia con respecto a fai un ano.
Conde tamén agradeceu á Fundación Telefónica e á Fundación Santa María la Real a súa participación neste proxecto, lembrando a importancia de traballar de maneira coordinada para afrontar con máis garantías retos tan estratéxicos para Galicia como é o de favorecer o acceso ou o retorno ao mercado laboral.

https://www.youtube.com/watch?v=AwVIU5zmaiU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.