A escola infantil A Galiña Azul de Boiro está a ser sometida estes días a unhas obras de arranxo na estructura exterior do edificio, debido a defectos e vicios estructurais de obra inicial. O arquitecto municipal Emilio Piña e o alcalde de Boiro revisaron hoxe estes traballos que rematarán aproximadamente en 15 días. Segundo explicaron trátase dunha obra de de illamento exterior cun sistema SATE, o máis moderno e utilizado en Europa para obter eficiencia enerxética e evitar humidades.
Segundo explicou o alcalde de Boiro a obra era moi necesaria e será sufragada pola Consellería de Benestar, con 60,000 euros. A maiores o concello realiza obras de mellora nas fiestras e outros elementos da escola infantil para adaptala a nova normativa europea, cunha inversion de 20,000 euros.
https://www.youtube.com/watch?v=zQtdC5ZoyWE